Zapateiros

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Os Zapateiros

Eran os que facían os zapatos e os empeños para os zocos. Un empeño era o coiro que tiñan que rebrandecer empregando un grade seixo rolado e pequenas pedriñas pulidas coas que se batía o cacho que se ía empregar no calzado.  Os buratos facíanse con trades ou coa troquesa.

Pra coser o coiro usaban as subelas e para traballar neles colocábanos no trípode de ferro chamado bigornia.

En cada casa de cada aldea de Galicia había alguén que facía os zocos de madeira para o resto da familia.  A base era de madeira e o resto de coiro, os empeños comprábanllos aos zapateiros.  Estes zocos levaban dúas ferraduras: unha no tacón e outra na planta para que fosen duradeiros.

En canto apareceron as bases de goma foron deixando de fabricarse e os zapateiros comezaron a facer botas e zapatos. As botas de pel de becerro foron moi apreciadas polos campesiños xa que untadas con grasa de cabalo eran impermeables e mantiñan os pes quentes.

Despois, a profesión limitouse a poñer tacóns e solas novas,  a coser e á reparación do calzado en xeral.

 

Galería de Imágenes

Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

Do 19 de xullo ao 19 de agosto 2016
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías 30/10 ao 30/11 de 2014