Telleiros

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O Oficio de Telleiro

Galería de Fotos

Algo de Historia 

Un oficio que chegou á Península Ibérica mediante os romanos. Estes trouxeron as tégolas substituíndo a palla da época castrexa. As tégolas facían de canle e levaban unha tella curva chamada índice que as unía.

Coa chegada dos árabes no 711, elimínase a tégola e comézase co uso da tella curva de canle curberta de tipo galego. Isto débese principalmente a dous motivos:

  • Desaloxa moita máis auga que as tégolas
  • O armazón dos tellados feitos por carpinteiros quedaban mellor protexidos coas tellas porque se lle daba máis traspase e coa tégola non se podía

Dende esa época montábase unha telleira en todos os sitios de Galicia onde houbese auga, barro e leña agás no sur de Lugo, que debido ao clima usaron a lousa.

A raíz do uso da tella nace unha inmigración que apareceu sobre todo en dúas parroquias: a do Rosal e a da Guarda. Este fenómeno produciuse pola demanda que había nas costas, xa que o nacemento dos astilleiros e as fábricas de conservas a finais do século XVIII fixo que medrase a demanda do material e os paisanos de alí tiveron que ir buscar telleiros.

No século XX, entre os anos 1967 e 1968 deixaron de facerse tellas a man. Comenzaron a mecanizarse.

Neste oficio había amos e criados. Os primeiros cortaban a arxila e dábanlle a forma. O criado ou aprendiz carretaba as pezas para deixalas secar ao sol pra logo metelas nun forno a cocer.  Ían contratados por cinco meses, de maio a setembro. Sen sabas nin almofadas, durmían nas cortes xuntos, compartindo lugar cos cabalos, nos taboleiros das patacas en sacos cheos de palla de centeo que lle pedían aos veciños.

As Ferramentas

Logo de extraer a arxila, o piero (oficio vinculado ao telleiro) cun cabalo pisábaa pra que tivese unha textura axeitada. O carretilleiro sería o encargado de levala ao interior da Cabaqueira. 

O telleiro contaba para facer a súa labor cun banco ou potro  e coas formas de madeira  das distintas pezas que facía xa que tamén elaboraba ladrillos. As mans do telleiro eran indispensables á hora de porse a facer o traballo.  

Vídeos Historia e Argot

José Álvarez Alonso do Rosal, o último telleiro.
Tags: ,
Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

III Exposición con Relato - Barucho e Peruchela - Quiroga 2015
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

II Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

- I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías en Bóveda
Conxunto de Carteis

Conxunto de Carteis