Os Zapateiros
Eran os que facían os zapatos e os empeños para os zocos. Un empeño era o coiro que tiñan que rebrandecer empregando un grade seixo rolado e pequenas pedriñas pulidas coas que se batía o cacho que se ía empregar no calzado. Os buratos facíanse con trades ou coa troquesa.
Pra coser o coiro usaban as subelas e para traballar neles colocábanos no trípode de ferro chamado bigornia.
En cada casa de cada aldea de Galicia había alguén que facía os zocos de madeira para o resto da familia. A base era de madeira e o resto de coiro, os empeños comprábanllos aos zapateiros. Estes zocos levaban dúas ferraduras: unha no tacón e outra na planta para que fosen duradeiros.
En canto apareceron as bases de goma foron deixando de fabricarse e os zapateiros comezaron a facer botas e zapatos. As botas de pel de becerro foron moi apreciadas polos campesiños xa que untadas con grasa de cabalo eran impermeables e mantiñan os pes quentes.
Despois, a profesión limitouse a poñer tacóns e solas novas, a coser e á reparación do calzado en xeral.