O Oficio de Silleiro
Algo de historia
Eran os artesáns que facían as cadeiras e os sillóns.
No concello de Castroverde nunha aldea que se chama Tordea había nove silleiros, nove casas que se adicaban a facer cadeiras.
Foron morrendo e non se renovou a profesión pola chegada de novos materiais.
Usan xunga e xungo para tecelas e madeira para facer as bases.
O proceso consiste en cortar xungas en verde e secalas sen que chova por eles.
Cando chega o momento de tecelas, coas bases previamente feitas con machado e coitela, teñen que levar 4 ou 5 horas a remollo antes de poderse usar.
Imaxes e videos tomadas na Feira de Artesáns de Vilamor do Caurel 2018