O oficio de Cerralleiro
Acceso a Galería de Fotos
Algo de historia
A cerrallería é unha profesión moi antiga que data de fai tres mil cincocentos anos. A súa creación atribúeselle aos chineses e aos exipcios.
Tradicionalmente, os cerralleiros eran artesáns que facían as pechaduras para unha comunidade. Había fechaduras de madeira, as de ferro quedaban reservadas para os ricos. Foi unha disciplina transmitida por herdanza de pais a fillos.
A orixe da palabra cerradura vén do latín "serrare" que significa "pechar". Os romanos crearon o sistema de seguridade nas pechaduras coñecidas como "volta de chave". Durante a Idade Media os artesáns deseñaban pechaduras con detalles e relevos que lles facían lucir elegantes, e desenvolveuse o pestillo que é o cerroxo que move a chave.
A maioría dos cerraxeiros comezaron como ferreiros ou traballadores do metal e despois comezaron a especializarse nas pecheiras. Co crecente uso destas, aumentou o número de ferreiros centrados na súa fabricación, o que conlevou á aparición do cerralleiro especializado.
A arte da cerrallería converteuse nunha profesión que foi en ascenso. Lograron o seu auxe artístico do século XIV a XVII. Eran invitados a crear pechaduras con deseños complicados para os membros da nobreza.
Durante moitos séculos o deseño das pechaduras e as súas chaves mantivéronse sen moitos cambios ata a Revolución Industrial no século XVIII.
WebGrafía:
Citar a Google como motor de procura .
Wikipedia como fonte de información
Investigación propia da autora.