Ferreiro

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

 O FERRO

Cando a pedra e o bronce deixaron o seu sitio a idade do ferro comezouse unha busca continuada do mais útil dos metais. Cara o 1550 soamente na provincia de Lugo había máis de 1000 fábricas destinadas á industria do ferro.

Distínguese tres partes fundamentais neste tipo de ferrerías, a zona de almacenaxe , a zona de fundición e a zona hidráulica.

Un  mecanismo cun rodicio acciona   o mazo que lamina o ferro,  e outro rodicio accionado pola auga conducida por un canal escavado na roca dende a presa no río  acciona a dous  grandes foles (barquines) que atizan a fragua na zona de fundición.

"Había quince ou vinte ferreiros cocendo o ferro da Veneira.  Antes transportábase con bois, en tempos cunha cuadrilla de mulas. Das ferrerías  saían  camiños a Eiriz, A Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba deica Casela e apartaba a dereita deica Lousadela, e outra no mesmo río en Gundriz. Outro camiño saía de aquí a Casela e Santalla de Lóuzara, onde había outra ferrería. Outro dende A Veneira á  Ferrería do Incio. Outro dende a Veneira a Monteagudo e Viduedo onde había outra ferrería. Dende aquí levábano a Canedo onde era pesado e almacenado ata que  os da ferrería de Penacoba viñan buscalo. Outro camiño saía dende A Veneira pasaba por San Vitoiro por riba de Lebrón e pasaba As Balsas, un río de Recemunde a Salcedo de alí a Beirán e de ahí baixaba a costa de Santiago, pasaban camiño de Santiago a Baxa do Lor"

Manuel Valcárcel  foi a última persoa que transportou o mineral para a ferrería de Penacoba.

O FERREIRO E O FERRADOR

A importancia do ferreiro viña dada porque se dedicaban a facer boa parte das ferramentas agrícolas dos seus veciños, facían chaves, fouces, camas, cazolas, tesoiras, tixolas, sachos e tamén as afiaban e reparaban.

O elemento principal do taller dun ferreiro era a fornalla ou fornalleira un caixón con catro pes nos que se prende o lume e se quenta o ferro. O fol accionado por unha man aviva o lume. A Zafra e a base sobre a que se traballa o metal e sempre esta colocada sobre un cepo de madeira. Hai distintos tipos de martelos e tenaces, mazas e tronzafríos.

O Ferrador era unha especialidade concreta de ferreiro  e a sua tarefa consistía en amañar e poñerlle as ferraduras aos cabalos e as vacas, tamén era o que amañaba todo tipo de trebellos .

Enlace á Galería

Libro de Visitas \"Oficios e Ferramentas I\"

 

Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Un dos proxectos da páxina aldeas galegas dos incios convertendose en realidade
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

Mostra de Fotografías conxutas en Quiroga, xullo e agosto 2016
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

Exposición de Fotografía temática, Escairón, xaneiro e febreiro de 2016
Sempre na aldea

Sempre na aldea

Exposición sobre a vida na aldea ao longo dun ano e dos anos
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Mis seis primeras exposiciones relacionadas con Aldeas Galegas

Mis seis primeras exposiciones relacionadas con Aldeas Galegas

Temos 53 anónimos e ningún membro en liña

© 2018 Retratos Peruchela . All Rights Reserved.