O Oficio de Zoqueiro
Máis que un oficio unha destreza
Facían as zocas (madroñas) cun cacho de madeira axeitada de amieiro ou bidueiro devastada cun machado pequeno e cortada coas coitelas. Coa aixola dábaselles forma e o interior baleirábase con gubias e llergas. O taco suxeitábase nun cabalete de madeira coñecido como burro. Decorábanse coa gubia.
Ao igual que os cesteiros, os zoqueiros ían polas aldeas ofrecendo os seus servizos nas diferentes casas que o requerían levando consigo as ferramentas. Non foi moi habitual ata principios do século XX pois antes sempre había alguén que sabía facer as zocas en case tódalas casas do lugar. O clima húmido e chuvioso facíao un calzado autóctono idóneo para os camiños con lama, os traballos do campo e da horta e un bon protector para a humidade nas fábricas conserveiras.
Video I Feira Etnográfica de Loñoa, Pereiro de Aguiar
Máis ligazóns
https://www.youtube.com/watch?v=DqH46io3niQ