Ferreiro

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O FERRO

Cando a pedra e o bronce deixaron o seu sitio á Idade de Ferro, comezouse unha busca continuada do máis útil dos metais. Cara o 1550 soamente na provincia de Lugo había máis de 1000 fábricas destinadas á industria do ferro.

Distínguense tres partes fundamentais neste tipo de ferrerías: a zona de almacenaxe , a zona de fundición e a zona hidráulica.

Un  mecanismo cun rodicio acciona o mazo que lamina o ferro e outro rodicio. Este é accionado pola auga conducida por un canal escarvado na rocha. Dende a presa no río  acciona dous  grandes foles (barquines) que atizan a fragua na zona de fundición.

"Había quince ou vinte ferreiros cocendo o ferro da Veneira.  Antes transportábase con bois, en tempos cunha cuadrilla de mulas. Das ferrerías  saían  camiños a Eiriz, A Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba deica Casela e apartaba a dereita deica Lousadela, e outra no mesmo río en Gundriz. Outro camiño saía de aquí a Casela e Santalla de Lóuzara, onde había outra ferrería. Outro dende A Veneira á  Ferrería do Incio. Outro dende a Veneira a Monteagudo e Viduedo onde había outra ferrería. Dende aquí levábano a Canedo onde era pesado e almacenado ata que  os da ferrería de Penacoba viñan buscalo. Outro camiño saía dende A Veneira pasaba por San Vitoiro por riba de Lebrón e pasaba As Balsas, un río de Recemunde a Salcedo, de alí a Beirán e de ahí baixaba a costa de Santiago, pasaban camiño de Santiago a Baxa do Lor"

Manuel Valcárcel  foi a última persoa que transportou o mineral para a ferrería de Penacoba.

O FERREIRO E O FERRADOR

A importancia do ferreiro viña dada porque se dedicaban a facer boa parte das ferramentas agrícolas dos seus veciños. Facían chaves, fouces, camas, cazolas, tesoiras, tixolas, sachos e tamén as afiaban e reparaban.

O elemento principal do taller dun ferreiro era a fornalla ou fornalleira, un caixón con catro pés nos que se prende o lume e se quenta o ferro. O fol accionado por unha man aviva o lume. A Zafra é a base sobre a que se traballa o metal e sempre está colocada sobre un cepo de madeira. Hai distintos tipos de martelos e tenaces, mazas e tronzafríos.

O Ferrador era unha especialidade concreta de ferreiro  e a sua tarefa consistía en amañar e poñerlle as ferraduras aos cabalos e as vacas. Tamén era o que amañaba todo tipo de trebellos .

Ligazón á Galería

Libro de Visitas \"Oficios e Ferramentas I\"

 

Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

Do 19 de xullo ao 19 de agosto 2016
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías 30/10 ao 30/11 de 2014