O Serrachín
Este era o encargado de cortar a madeira no seu primeiro procesamento.
Serras e machados son os trebellos característicos deste oficio, pero tamén a serra de aire, a portuguesa e o tronzador.
- O tronzador era o que se usaba para cortar as árbores unha vez se marcaba o sitio co machado.
- A serra portuguesa ía enganchada nun marco de madeira e era a que se empregaba para facer as táboas.
- A serra de aire era unha de maiores dimensións utilizada para torar grandes árbores e facer táboas de grandes tamaños como as travesas da vía do tren ou as dos pavimentos das casas.
Ligazón a Galería de Imaxes Pendente