O Oficio de Latoeiro
Foi no século XVI cando se extendeu o emprego do latón para a fabricación de útiles e adornos que outrora se facían de cobre ou bronce. Por aquel entón naceu o gremio de latoeiro.
As obras que realizaron conservaron as formas tradicionais e artísticas anteriores pero cun metal máis maleable por ser, o latón, unha aleación de cobre e zinc.
Os latoeiros podían traballar estaño, plomo, cobre e bronce pero non ouro, plata, ferro e aceiro. Non se distinguía entre broncistas e latoeiros por ser ambas industrias derivadas do cobre.
No seu obradoiro facían produtos relacionados co latón. Os baldes dos pozos, os candís para gas ou aceite tan habituais antes da chegada da electricidade, funís, formas para os doces, bandexas, empanadeiras, canadas do leite e do viño, tanques, caldeiretas e moitos útiles máis.
No mesmo local onde traballaba tiña á venda os produtos que elaboraba pero tamén se desprazaba ás feiras das localidades próximas para vendelos.
Os latoeiros ademais de fabricar, reparaban e tamén selaban as gretas de cacharros de barro esmaltado usando a técnica nomeada como lañado.
Ligazóns Relacionadas
https://www.teldeactualidad.com/hemeroteca/articulo/calles/2010/01/31/162.html
https://cosasdelosmadriles.blogspot.com/2016/09/los-latoneros-de-madrid.html