O Oficio de Resineiro
Algo de historia
Dende os albores da humanidade os produtos resinosos foron usados como un elemento de surpervivencia: empregábanse para alumearse nas carvernas e grazas a combustión da resina podían transportar o lume para logo quentarse e asar a carne. A resina foi empregada ademais na construcción de embarcacións para a súa impermeabilización. Mentres os barcos foron de madeira o poderío das civilizacións dominantes estaba influído polos recursos forestais e resinosos que posuía.
A resina de Pino ou Trementina Vexetal de Pino foi un medicamento moi común e moi usado na antiguedade para todo tipo de patoloxías e por moitos tipos de xente pero foi imprescindible entre mariñeiros e piratas. Na época dos descubrimentos era un dos produtos que levaba a bordo a flota de Fernando de Magallanes.
A historia escura da resina pasa por lembrar que foi unha temible arma nas guerras: as bolas de lume, as teas e frechas incendiadas, no mar as ánforas cheas de resina en lapas arroxadas contras as naves inimigas e na hora da defensa, cando llela botaban fervendo enriba aos asaltantes.
En tempos máis modernos a resina constituíu un elemento imprescindible na fabricación de material de guerra e incluso grandes potencias crearon programas de invesigación para estimular a súa produción.
Durante máis dun século compuxo unha actividade moi importante dentro da economía rural española chegando a converterse nunha potencia ocupando o terceiro posto despois de EEUU e Francia. Máis de vinte provincias españolas e 400 pobos se adicaron a esta actividade que a partires dos anos 60 comezou a declinar.
Coa entrada do noso país na Comunidade Económica Europea en 1986 deteriorouse moito máis a situación, xa que os produtos derivados da resina obtidos en España non podían competir no prezo cos portugueses, que eran ata a metade máis baratos. Dende entón soamente se seguiu resinando en lugares moi concretos de provincias de Castilla León, principalmente en Segovia.
Produtos resultantes do resinado
- O aguarrás ou trementina: é un líquido volátil e incoloro producido mediante a destilación da resina, ou miera.
- Colofonia: Resina sólida, produto da destilación da trementina, empregada en farmacia e para outros usos. Cando se fosiliza convértese en ámbar.
- Pez: Sustancia resinosa, sólida, lustrosa, quebradiza e de cor pardo amarelo, que se obtén botando en auga fría o residuo que deixa a trementina ao acabar de sacarlle o aguarrás. É unha colofonia máis ou menos impurificada.
Na segunda década do século XXI xurde Xián un resineiro galego que nos relata o seguinte:
"A min apareceume isto da resina cando estaba estudando a carreira de Enxeñería Forestal despois de facer o ciclo superior de Xestion Forestal. A miña idea dende moi novo era traballar na terra, rodeado de naturaleza e con moita tranquilidade.
Veño da cidade de Pontevedra, e no camiño chegou isto e "namoreime" desta profesión. Permíteme ser libre no traballo, co cal fago del a miña forma de vida no rural. Aprendín de forma autodidacta cunhas pequenas instruccións que nos deron vía telefónica e con algún vídeo de Segovia, xa que eles alí resinan por tradición dende fai moito tempo"
Con respecto a como se resina
Podemos estrúturalo en 3 etapas:
- A primeira: preparación do pino. Consiste en eliminar a maior parte da corteza deixando unha fina capa xusto antes de chegar o "cambium" (por onde nós extraeremos a resina nun futuro). Este proceso tense que facer no inverno. Unha vez que se faga iso en todos os pinos pasamos a clavar a chapa por onde reconducimos a resina cara o "Pote" e delimitamos a zona de traballo (12 cm).
- A segunda: é o resinado propiamente dito que se realiza dende marzo-abril ata finais de outubro (depende do clima de cada zona). Consiste en facer os cortes de 2cm aprox. de alto retirando esa capa de corteza e cambium, aplicar a pasta estimulante para que o piñeiro segregue resina durante máis días e ao cabo de 12 días repetir esa acción en tódolos pinos. (Empezase sempre dende o chan e imos subindo ata chegar a uns 2 metros de altura aprox).
- A terceira: a recollida da resina. Temos que ir facéndoa de forma escalonada durante a campaña según vaiamos tendo produción. O normal é facer unhas 3 por ano. Para iso utilizamos o carretillo que aparece nas fotos.
Video enviado por Xián
A campaña comeza no mes de marzo e finaliza a mediados de novembro. Sete meses nos que os resineiros traballan durante moitas horas para recoller cubetes deste produto que logo lle venderán aos resineiros industriais. A evolución destes en España pasou por unha primeira transformación de 87 establecementos nos anos 50 a 21 nos 80 e seguidamente a dous ou tres na actualidade.
Na localidade de Coca sitúase unha das empresas máis importantes de transformación de resina en España: Luresa Resinas S.L., antiga Unión Resineira Española, fundada en 1898. Foi adquirida no ano 2013 pola organización Resinas de Brasil, que conta con dúas fábricas en España e sete no Brasil.
Bibliografía:
Xián (Resineiro)
Citar a Google como motor de busca
http://www.sdlmedioambiente.com/ficheros/hojadivulgativaresinero.pdf LH Muñoz
Saber máis
https://blog.qnatur.com/la-resina-que-poco-sabemos-de-ti/