O FERRO
Cando a pedra e o bronce deixaron o seu sitio á Idade de Ferro, comezouse unha busca continuada do máis útil dos metais. Cara o 1550 soamente na provincia de Lugo había máis de 1000 fábricas destinadas á industria do ferro.
Distínguense tres partes fundamentais neste tipo de ferrerías: a zona de almacenaxe , a zona de fundición e a zona hidráulica.
Un mecanismo cun rodicio acciona o mazo que lamina o ferro e outro rodicio. Este é accionado pola auga conducida por un canal escarvado na rocha. Dende a presa no río acciona dous grandes foles (barquines) que atizan a fragua na zona de fundición.
"Había quince ou vinte ferreiros cocendo o ferro da Veneira. Antes transportábase con bois, en tempos cunha cuadrilla de mulas. Das ferrerías saían camiños a Eiriz, A Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba deica Casela e apartaba a dereita deica Lousadela, e outra no mesmo río en Gundriz. Outro camiño saía de aquí a Casela e Santalla de Lóuzara, onde había outra ferrería. Outro dende A Veneira á Ferrería do Incio. Outro dende a Veneira a Monteagudo e Viduedo onde había outra ferrería. Dende aquí levábano a Canedo onde era pesado e almacenado ata que os da ferrería de Penacoba viñan buscalo. Outro camiño saía dende A Veneira pasaba por San Vitoiro por riba de Lebrón e pasaba As Balsas, un río de Recemunde a Salcedo, de alí a Beirán e de ahí baixaba a costa de Santiago, pasaban camiño de Santiago a Baxa do Lor"
Manuel Valcárcel foi a última persoa que transportou o mineral para a ferrería de Penacoba.
O FERREIRO E O FERRADOR
A importancia do ferreiro viña dada porque se dedicaban a facer boa parte das ferramentas agrícolas dos seus veciños. Facían chaves, fouces, camas, cazolas, tesoiras, tixolas, sachos e tamén as afiaban e reparaban.
O elemento principal do taller dun ferreiro era a fornalla ou fornalleira, un caixón con catro pés nos que se prende o lume e se quenta o ferro. O fol accionado por unha man aviva o lume. A Zafra é a base sobre a que se traballa o metal e sempre está colocada sobre un cepo de madeira. Hai distintos tipos de martelos e tenaces, mazas e tronzafríos.
O Ferrador era unha especialidade concreta de ferreiro e a sua tarefa consistía en amañar e poñerlle as ferraduras aos cabalos e as vacas. Tamén era o que amañaba todo tipo de trebellos .
Libro de Visitas \"Oficios e Ferramentas I\"