Mis últimos Tweets

Feed not found

Sempre na Aldea

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Exposición Sempre na Aldea

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos

Do 07/07 ao 07/08 de 2015

A terra seca trouxo a necesidade de auga; ehí foi cando eles, inventaron os pozos, así como as súas casas, de coios.

Trala fiestra, a vella contáballe a historia ao recén nato do paxariño.

E seguiulle narrando, dos das Zocas.

Aqueles, que usaban os carros e que en cornos de vacas rubias levaban pedras de afiar gadañas ou fouces,  para a herba e os toxos segar.

Cansos de traballar uns decidiron marchar, levando o pouco en caixas e moitos sen poder voltar, deixando os zocos e o leite para os que decidiron ficar.

Cichós de sabugueiros, homes máis valentes cá osos e tan efeminados coma mulleres nos Entroidos do rural.

Esí pasaban os días entre traballos e romarías, sen importar quen morría o patrón saía de procesión e logo as merendas pra festexar a ocasión.

Non faltan doces na festa, non falta pulpo na feira e no Santiago os iscos nos guizos, promoven xuntanzas en aldeas e vilas.

As mulleres apañan froitas na horta e có da leira fan o pan.

Paceron as buchas o millo e pouco quedou natural pra as pitas e a pra a ceba lograr.

Finaron os contos nas longas noites a carón do alambique , non hai olas nin barreños feitos cos nosos barros, nin lá nin liño, nin palilleiras máis que nas feiras.

No outono,  as cores crean fermosas paisaxes e nas aldeas luce a leña para quentar os que quedamos nos mornos invernos da nosas terras.

E nun plisplas.. volve o verde agromar, pero son poucos os grandes freixos que conseguen un novo ano xemolar.

Nalgúns ríos poderáse pescar e nas pistas bacheadas as bicicletas rular e os maiores pasear; ésto leva a ollar a cegoña un bó lugar para criar.

Mamarán os meniños nas aldeas e nacerán amapoulas sen pan para flores de conchos e calas mirar.

Reflexión

Se non hai nenos, non hai vellos, nin xente que traballe as nosas terras.

Os paxariños non voltarán escoitar historias, porque non terán quen llas conte nin voltarán a cantar por non ter sembrados dos que se alimentar.

O pasado non voltará eunha vez extinta por completo esta anterga maneira de vivir a súa lingua tamén desaparecerá.

------

Acceso á Galería

 

Holaaa!!!

Ideas

Bienvenid@ !!!

Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Fase I - Outubro 2017 | Fase II - Setembro 2018
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

III Exposición con Relato - Barucho e Peruchela - Quiroga 2015
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

II Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

- I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías en Bóveda
Conxunto de Carteis

Conxunto de Carteis