Sobre este proxecto

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Como nace e por que?

Esta páxina é unha recompilación das exposicións fotográficas que xorden a raíz dos retratos que comecei a realizar a finais do ano 2004 sobre as tradicións, aldeas, patrimonio e eventos do meu redor e que formaron parte dos artigos da web aldeasgalegas.

Meu avó era retratista e anticuario. Eu son fotógrafa amateur. Uso o pseudónimo de Peruchela.

Na actualidade o meu traballo como libreira na localidade de Monforte de Lemos déixame pouco tempo para a fotografía pero sigo a realizar traballos fotográficos en eventos privados e públicos. 

Nesta páxina podes ollar textos e fotos das exposicións realizadas por min ata a actualidade.

Tags: libros fotos, retratos, peruchela, fotografía