O Liño e o tecido

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O PROCESO DO LIÑO

O fiado foi unha das principais ocupacións invisibles da muller que realizaba en  simultaneidade con outras tarefas da súa interminable xornada de traballo. Dese xeito a roca converteuse no símbolo do traballo feminino.

O emprego da roca e o fuso para o fiado documéntase dende o antigo Exipto ata o século XX. Na antiga Roma a tarefa do fiado asociábase ao modelo ideal de muller. Unha das costumes  era que a noiva logo de casar, en canto pasaba a soleira do seu fogar, levase na man un fuso e unha roca.

En Galicia ata a década de 1950-1960  tivo grande importancia o cultivo e procesamento do liño. Os panos galegos eran unha referencia na Península entre o século XVIII e gran parte do XIX. A competencia da materia prima rusa e holandesa primeiro e dos tecidos cataláns despois fixo que tanto o cultivo como a confección de teas en Galicia se fose esmorecendo.

Ao liño había que adicar moito tempo, o que influíu na progresiva desaparición da actividade.

Logo de que se deixase de cultivar fai máis de medio século,  nesta última década rexurdiron asociacións de mulleres pola recuperación desta actividade artesá secularmente vencellada ás tarefas da casa,  pero que tiña como vantaxe garantir uns constantes ingresos monetarios na unidade familiar.

Podemos ver nunha das imaxes a Estrella, a última colleiteira de Liño en Piño, na Pobra do Brollón.

Ligazóns relacionadas

https://aldeasgalegas.com/gl/o-lino

http://www.aldeasgallegas.com/Outrora2015.htm

Galería de imaxes da Exposición