Oficios e Ferramentas II

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Inclúense na mostra os seguintes Oficios:

 Alambiqueiros - Albardeiros- Cerralleiros - Cesteiros  - Cocheiros - Latoeiros - Resineiros- Silleiros

        Agradecementos:

  • José Luís Castro e Marco, Silleiros - Feira de Artesanos de Vilamor do Courel 2018
  • José Alvarez do Rosal, Telleiro - Feira Tradicional Outrora de Rubián 2015-2016
  • Mª Jesús Labrador, Cesteira - Feira Etnográfica de Loñoa, Pereiro de Aguiar 2018
  • Xian, Resineiro- Feira Guímara da Pobra do Brollón 2018
  • Matrimonio de Cesteiros nas festas do San Froilán en Lugo 2017
  • Cesteiros na Romería etnográfica RAIGAME 
  • Casa do Patrón, Codeseda, Lalín 2017
  • Casa Xacobe e casa Forguitaina de Piño 2018
  • Eduardo López do Corgo, aficionado a recoller enseres antigos. Feira Etnográfica de Santa Cruz do Incio 2018
  • Asociación de mulleres rurais de Bóveda Amencer, pola invitación á viaxe ao Museo de Tor onde fixen algunhas das fotografías dos oficios de Cocheiro e Albardeiro.
  • Grupo de Fotografía de Xoán Arco da Vella, por planificar viaxes onde as fotos recobran a importancia que merecen dado o  grande labor documental que realizan.

    Colaboraron con este traballo:

    Esmeralda Casabianca, editora dos textos.
    Mayte Rodríguez, xornalista e redactora da nota de prensa.

    Máis agradecementos:

    En xeral a toda a xente que valora o meu traballo polo seu apoio incondicional.
    Ao concello de Monforte de Lemos,  polo seu compromiso coa Cultura.

 

NOTA DE PRENSA

Segunda exposición fotográfica sobre Oficios e Ferramentas na Galiza rural

A fotógrafa Peruchela amosa fotografías sobre oficios tradicionais galegos na Casa de Cultura de Monforte.

Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2018.- Entre os vindeiros 3 e 17 de setembro a fotográfa galega Rocio Rodríguez (Peruchela), exhibirá unha mostra de fotografías relacionadas con antigos oficios de Galiza rural. Un traballo que iniciou fai uns anos coa recollida de imaxes e vídeos tomados os continuadores destos empregos en diferentes feiras etnográficas e tradicionais, así como en aldeas, e completadas con imaxes de utensilios e ferramentas de diferentes museos galegos.

Unha labor coa que Peruchela pretende rescatar do olvido estas profesións, un soño que según nos conta, afincou nela ala polo ano 2005, ano no que empezara a traballar no proxecto www.aldeasgalegas.com .

Xa no 2017, a autora fixera a sua primeira exposición na Casa da Cultura Lois Pereiro, de Monforte de Lemos. Nesa ocasión, a mostra amosaba numerosas ferramentas, utensilios e labores do campo como o proceso do liño, amosando tamén oficios como o de carpinterio, ferreiro, serrachín, barbeiro e cereiro.

Este ano 2018, a segunda mostra fotográfica de oficios daranos a coñecer traballos como o de resiñeiro, silleiro, albardeiro, ou o de telleiro. Este último foi un oficio que incluso chegou a ter xerga propia para que os de afora non puideran entrar nel. Tamén se amosarán fotografías de cocheiros, cesteiros, zoqueiros ou o tan entrañable de alambiqueiros, entre outros.

Peruchela quere agradecer a labor de todos os artesáns e profesionais que traballan por manter vivos estos oficios, así como toda a axuda e colaboración prestada por tantos deles na realización desta mostra fotográfica, que tamén poden ver ampliada con vídeos na páxina da fotógrafa www.retratosperuchela.com  desta saga de exposicións para o vinderio ano.

Así mesmo, dada a enorme amplitude de oficios e labores propias de Galiza rural, a fotográfa anuncia xa a continuación.

 

 

 

Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

III Exposición con Relato - Barucho e Peruchela - Quiroga 2015
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

II Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

- I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías en Bóveda
Conxunto de Carteis

Conxunto de Carteis