O Liño e o tecido

Valoración: 4 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar inactive
 

 

 

 

 O fiado foi unha das principais ocupacións invisibles da muller que realizaba en  simultaneidade con outras tarefas da súa interminable xornada de traballo. Dese xeito a roca converteuse no símbolo do traballo feminino.

 O emprego da roca e o fuso para o fiado documentase dende o antigo Exipto ata o século XX. Na antiga Roma a tarefa do fiado asociábase ao modelo ideal de muller. Unha das costumes  era que a noiva logo de casar en canto pasaba a soleira do seu fogar levara na man un fuso e unha roca.

 En Galicia ata a década 1950-1960  tivo gran importancia o cultivo e procesamento do liño . Os panos galegos eran unha referencia na Península entre o século XVIII e gran parte do XIX. A competencia da materia prima rusa e holandesa primeiro e dos tecidos cataláns despois fixo que tanto o cultivo como a confección de teas en Galicia se fose esmorecendo..

 Ao liño había que adicar moito tempo polo que iso influíu na progresiva desaparición da actividade.

 Logo de que se deixase de cultivar fai mais de medio século,  nesta ultima década rexurdiron asociacións de mulleres pola recuperación desta actividade artesá, secularmente vencellada ás tarefas da casa,  pero que tiña como vantaxe garantir uns constantes ingresos monetarios na unidade familiar.

 Podemos ver nunha das imaxes a Estrella, a última fiadora de Piño, na Pobra do Brollón.

 

Enlace á Galería

Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Un dos proxectos da páxina aldeas galegas dos incios convertendose en realidade
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

Mostra de Fotografías conxutas en Quiroga, xullo e agosto 2016
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

Exposición de Fotografía temática, Escairón, xaneiro e febreiro de 2016
Sempre na aldea

Sempre na aldea

Exposición sobre a vida na aldea ao longo dun ano e dos anos
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Mis seis primeras exposiciones relacionadas con Aldeas Galegas

Mis seis primeras exposiciones relacionadas con Aldeas Galegas

Temos 46 anónimos e ningún membro en liña

© 2018 Retratos Peruchela . All Rights Reserved.