Zoqueiros

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O Oficio de Zoqueiro

Galería de Fotos

Máis que un oficio unha destreza

Facían as  zocas (madroñas) cun cacho  de madeira  axeitada de amieiro ou bidueiro devastada cun machado pequeno e cortada coas coitelas. Coa aixola dábaselles forma e o interior baleirábase con gubias e llergas.  O taco suxeitábase nun cabalete de madeira coñecido como burro. Decorábanse coa gubia.

Ao igual que os cesteiros, os zoqueiros ían polas aldeas ofrecendo os seus servizos nas diferentes casas que o requerían levando consigo as ferramentas. Non foi moi habitual ata principios do século XX pois antes sempre había alguén que sabía facer as zocas  en case tódalas casas do lugar. O clima húmido e chuvioso facíao un calzado autóctono idóneo para os camiños con lama, os traballos do campo e da horta e un bon protector para a humidade nas fábricas conserveiras.

 

Video I Feira Etnográfica de Loñoa, Pereiro de Aguiar

 

Máis ligazóns

https://youtu.be/jKezMPUncpw

 https://www.youtube.com/watch?v=DqH46io3niQ

 

Tags: , ,