Zoqueiros

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O Oficio de Zoqueiro

Galería de Fotos

Máis que un oficio unha destreza

Facían as  zocas (madroñas) cun cacho  de madeira  axeitada de amieiro ou bidueiro devastada cun machado pequeno e cortada coas coitelas. Coa aixola dábaselles forma e o interior baleirábase con gubias e llergas.  O taco suxeitábase nun cabalete de madeira coñecido como burro. Decorábanse coa gubia.

Ao igual que os cesteiros, os zoqueiros ían polas aldeas ofrecendo os seus servizos nas diferentes casas que o requerían levando consigo as ferramentas. Non foi moi habitual ata principios do século XX pois antes sempre había alguén que sabía facer as zocas  en case tódalas casas do lugar. O clima húmido e chuvioso facíao un calzado autóctono idóneo para os camiños con lama, os traballos do campo e da horta e un bon protector para a humidade nas fábricas conserveiras.

 

Video I Feira Etnográfica de Loñoa, Pereiro de Aguiar

 

Máis ligazóns

https://youtu.be/jKezMPUncpw

 https://www.youtube.com/watch?v=DqH46io3niQ

 

Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

III Exposición con Relato - Barucho e Peruchela - Quiroga 2015
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

II Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

- I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías en Bóveda
Conxunto de Carteis

Conxunto de Carteis