Mis últimos Tweets

Feed not found

Cereiro ou Borreiro

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

 

Non fai moito esta profesión era habitual en tódolos lugares. Os cirios alumeaban nas casas e nas igrexas antes de que se inventase a luz.

O último cereiro que se recorda tiña a cerería en Noceda,  o seu nome  era “Manuel Gutiérrez Rivas”. Na  zona había outras cererías,   en Sarria  e na Pobra do Brollón, pertencentes a dous curmáns seus.

O elemento imprescindible para os cirios que alumeaban os santos nas igrexas, acompañando aos mortos ou na casa.

Antigamente a cera era cara, non existía a parafina e era a única maneira de facelos cirios era coa cera que producían as abellas nas súas colmeas.  Unha vez castradas, e sacado o mel,  os paneis vendíanse. Normalmente aínda que estes artesáns podían ter colmeas propias para garantir un certo nivel de producían tiñan que percorrer as aldeas cun chifre na boca como os paraugueiros para conseguir unha cantidade de cera extra. Parece ser que as veces en vez de pagarlle con cartos  o que facían era levala a cambio de sacarlle o mel.

Os panais eran levados a un lugar  onde se lle sacaban as impurezas cocéndoos nunha caldeira de gran tamaño de cobre. Ao quentarse sacábase a cera e metíase na cuba do lagar para prensar e de aí as formas e así xa estaba lista para traballar. Había unhas formas más pequenas que eran as que lles vendían aos zapateiros.

As mechas eran feitas de algodón e chamábanse pabíos,  que se ían bañando nun recipiente, chamado noque, cheo de cera,  que se mantiña en estado líquido quentándoo por debaixo.  Bañábanse e deixábanse a arrefriar ata que collían a gordura desexada. Logo pasábanse polas talladeiras, unhas laminas de metal con buratos, para que tivesen a mesma feitura . Cunha coitela de madeira cortábanse quedando perfiladas.

Antigamente había tradición, cando morría alguén, de facerlle un fachón da mesma medida que o finado a  que se lle poñía lume logo do enterro e que permanecía ardendo na igrexa ata a súa total consumación.

Resérvase a cera pura para alumear o altar das igrexas pero ademais tiña que ser cera branca .

En Calvos (Incio),  na devesa do rei , rodeada dun gran muro de pedra ataban as bestas os  homes que traían a branquear cera desde distintos lugares de Galicia. O branqueo era un proceso moi laborioso que se tiña que  facer en época seca. Cun rodete e auga ían sacando lascas que logo se estenderían no lugar axeitado durante unha semana. Tódolos días pola mañá había que regala  e darlle a volta. Así é  como  a cera se volvía branca.

O lagar da cera é moi semellante ao lagar do viño e do aceite. Nas imaxes podemos ver o que queda del e o impresionante pao de mirto torneado que o conforma.

 

Enlace á Galería

 

Holaaa!!!

Ideas

Bienvenid@ !!!

Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Fase I - Outubro 2017 | Fase II - Setembro 2018
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

III Exposición con Relato - Barucho e Peruchela - Quiroga 2015
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

II Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

- I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías en Bóveda
Conxunto de Carteis

Conxunto de Carteis