0
0
0
s2smodern

Exposición "Ao redor de nós"

Casa da Cultura "Manuel María" de Quiroga

Do 19 de xullo ao 19 de agosto de 2016

Internet e as redes sociais en particular fan que nos relacionemos e compartamos imaxes, ideas ou noticias dunha maneira que ata agora non era posible. Esa gran exposición social de acontecementos que aí podemos contemplar é grazas a que unha gran maioría de nos ten acceso as cámaras e a tecnoloxía. Tanta pluralidade de enfoques fan destes medios un campo enriquecedor tamén para os amantes do apaixonante mundo fotográfico.
 
Pero, ¿ que é daquela xente que chegou tarde á era tecnolóxica e non vai dar o paso? ¿Acaso non ten o mesmo dereito a poder desfrutar das imaxes que os que usan as redes? E para nós, os das cámaras dixitais, ¿non segue sendo satisfactorio velas impresas convertidas en medios tanxibles?
 
Perpetuar ou documentar un intre nun flash, a beleza dun paisaxe,  dun sorriso ou o preciso momento dun acontecemento, móvenos a disparar as nosas cámaras. Disparos que deixan constancia de avances, modas ou costumes, que aportan probas e que amosan situacións. “ Ao redor  de nós” hai un mundo cambiante que pide en cada estación ser inmortalizado.

 Galicia e as súas xentes, Galicia e as súas tradicións, Galicia e a súa natura, Galicia e as súas aldeas, vilas e monumentos. Galicia nosa, na que vivimos , a que herdamos,  a que por causa do seu despoboamento está sendo abandonada, e por causa das malas políticas xa non produce nas súas terras.
 
Barucho e Peruchela  levan varios anos espallando imaxes nas redes e nesta ocasión imprimen algunhas delas con paisaxes coloridos e variados que se adaptan para mudar píxeles por pinceladas, e para os que queren ter unha lámina para desfrute da vista nalgún lugar da súa casa, e para o máis importante quizais, a promoción do noso.

Esta mostra de Fotografía conxunta xurde có interese de reforzalos vínculos entre nós os retratistas. O noso traballo adquire outro valor en conxunto aínda que o reto en facela foto máis impresionante persista eternamente do mesmo xeito debemos permanecer relacionado entre nós, e sempre mirar “ao noso redor” pois nel está a esencia.

 
Visita á Galería
  

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar